![]() |
CAMPIONATO XUNTA GALICIA CAZA ARCEA |
Iván Ramos coa setter “Sira” acada o título autonómico de caza de arceas |
23/12/2024 |
O pasado sábado 21 de decembro, o cazador Iván Ramos coa setter “Sira” acadaba o título de Campión Galego de Caza de Arceas ao ser o único partipante que entraba en control con duas capturas e obter así a maior puntuación. Coa colaboración da Sociedade de Cazadores Santa Mariña tiña lugar o Campionato Galego de Caza de Arceas Xunta de Galicia baixo a organización da Federación Galega de Caza e que contou co Delegado de Arceas e Caza Menor, Pedro Martínez Ángel, como Director da Proba. No concello lucense de Antas de Ulla, concretamente dende o Centro Xeográfico de Galicia, arrincaba esta fase final coa participación de 21 cazadores clasificados nos diferentes campionato provinciais que competiron polo título autonómico e o acceso dos tres primeiros clasificados ao Campionato de España da modalidade. Ás 9:00 horas tomaban saída os cazadores baixo unha chuvia miuda que non impediu que os avistamentos de arceas fosen abundantes. Os númerosos disparos escoitados dende o control facía presaxiar unha xornada fructifera e así foi xa que os cazadores foron quen de mover 23 arceas ainda que a cota de capturas non foi tan acorde. O deportista de Pontevedra, Iván Ramos Cabana coa setter “Sira” era o que entraba en control ao minuto de abrirse con duas capturas que lle reportaban 1.000 puntos e, á postre, o título de Campión Galego. O coruñés Pablo Garaboa Oubel co can “Isco de Yelsar” obtiña o subcampionato con 500 puntos e entrando en control tamén o pouco de abrirse e con un cartucho gastado. O bronce foi para terras de Ourense da man do cazador José Luis Méndez Tesouro que participou co setter “Sagu de Pacaxín” e obtivo 500 puntos, presentando unha vaina pero entrando en control máis tarde que Pablo Garaboa. Un xantar de irmandade e a entrega de premios puxo remate a este Campionato Galego que pecha o calendario cinexético deportivo da Federación Galega de Caza neste ano 2024. Este Campionato Galego contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia, Mutuasport e Arion. |