PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
José Antonio Vasconcellos con “Azor” proclamouse campión provincial na Lama
16/12/2024

XXXI Campionato Provincial de Pontevedra de Caza de Arceas

Nos terreos do Tecor Monte Seixo, o pasado 14 de decembro, a Federación Galega de Caza en Pontevedra organizaba a edición XXXI do provincial de caza de arceas na que o bo número de arceas avistadas foi o máis destacado da xornada deportiva.

Contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores Monte Seixo a fase provincial de arceas de pontevedra comenzaba baixo unha xélidas temperaturas pero con ceos solleiros que fixo que tódolos participantes desfrutaran da xornada cinexética.

Foi o cazador José Antonio Vasconcellos Vicente o que obtiña o título de campión provincial o entrar ao control con duas capturas grazas ao traballo do seu setter “Azor”, acadando 1.000 puntos. Marcos Fontenla Crespo con “Luna” obtiña o subcampionato con 500 puntos, empatado co cazador Ángel Cobas Aboy co setter “Amo do Alto da Fracha” que se tiña que conformar coa medalla de bronce.

Este campionato provincial contou co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Pensos Bichoucos e Mutuasport.