LOBO
O Consello de Berna acepta a reducción do estatus de protección do lobo en Europa
03/12/2024

No día de hoxe, a proposta do Consello de Europa, foi aceptada, por votación no Convenio de Berna, a modificación do estatus de protección do lobo, pasando de especie de fauna estrictamente protexida a especie de fauna protexida.

Cos 38 votos a favor da UE-27, Andorra, Armenia, Gergia, Islandia, Noruega, Macedonia do Norte, Moldavia, Liechtenstein, Serbia, Suiza e Ucrania e cos votos en contra de Albania, Bosnia y Herzegovina, Mónaco, Montenegro e Reino Unido e as abstencións de Tunez e Turquía quedou aprobado o cambio, que entrará en vigor en marzo de 2025, e a Unión Europea poderá adaptar os anexos da correspondente Directiva Hábitats.

Esta medida tenta apuntalar a coexistencia coas actividades humanas e os danos ao gando, unha vez que os datos en Europa apuntan ao incremento casi duplicado das poboacións do lobo entre o 2012 e o 2023. No caso de Galicia os datos apuntan a un incremento do 37% da poboación do Canis lupus nos derradeiros 20 anos e chegando a unha extensión do 91% no territorio galego.

 

Agardamos que España siga a liña do resto dos países europeos e, unha vez que entre en vigor a decisión do Convenio de Berna, retire ao lobo do Listado de Especies en Réxime de Protección Especial (LESPRE) co fin de protexer a convivencia coa gandeiria e as actividades no rural.