ASEMBLEA XERAL - CURSOS FORMACIÓN |
Unanimidade nos acordos da Asemblea Xeral e entrega dos Diplomas dos Cursos de Formación |
02/12/2024 |
O pasado venres, 29 de novembro, tiña lugar no salón de actos da Federación Galega de Fútbol a asemblea xeral da Federación Galega de Caza na que, unha vez rematada, procedíase á entrega dos diplomas aos alumnos que superaron os diferentes Cursos de Formación desta edicción 2024. Uns cursos que, como en anos anteriores, foron organizados pola FGC e contaron coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático. A lectura da Acta anterior, informe de auditoría, orzamentos, normativa e calendario de compecticións e informes de presidencia foron, entreoutros, algúns dos puntos da orde do día que foron aprobados con plena unanimidade pola Asemblea.
Cursos Formación FGC 2024 Unha vez rematada a Asemblea tivo lugar o acto da entrega de Diplomas dos Cursos de Formación desta edición 2024. Un acto presentado por José Manuel Vidal Lamela, Director da Escola de Caza, e que contou coa presenza da Xefa Territorial de Medio Ambiente na Coruña, María Pilar Díaz Graña. Esta entrega de Diplomas puxo o punto e final a Formación deste ano 2024 no que participaron máis de 200 alumnos nos diferentes cursos sobre responsables de sociedades de caza, prevención e seguridade na práctica cinexética, enfermidades da fauna cinexética e a manipulación no consumo de carne de caza e xestión dos residuos non comestibles. Coa presenza de alumnos e relatores tanto a Xefa Territorial como o presidente da FGC, destacaron a vital importancia e compromiso dos cazadores galegos pola formación no eido cinexético e que quedou reflexado na alta participación así como na calidade dos cursos impartidos. |