CAZA MENOR |
Alfonso García coa setter “Jara” proclamouse Campión Galego de Caza Menor en Portomarín |
04/11/2024 |
XXXVII Campionato Xunta de Galicia de Caza Menor con Can e III Campionato Xunta de Galicia de Caza Menor Feminino e Adaptado
O cazador ourensán Alfonso García Rodríguez e a súa setter de nome “Jara” proclamáronse campións galegos de caza menor con can no acoutado lucense Río Miño. Nuria Varela na categoría Feminina e Emilio Vila en Adaptado foron os outros campións da competición federativa de caza menor que máis representa a esencia da caza galega. Baixo a organización da Federación Galega de Caza e coa vital colaboración do Clube de Cazadores Río Miñodesputouse, o pasado 2 de novembro, esta fase final de caza menor con can que, sen dúbida, estivo marcada pola presenza de neboa que retrasou, en máis de duas horas, o comenzo da proba. Con apenas 3 horas de competición os cazadores clasificados tiveron a oportunidade de vivir lances ás perdices e a algunha que outra arcea que xa comenzan a facer acto de presencia nos montes galegos. Con 1.100 puntos o campión galego de caza menor con can deste ano 2024 foi o ourensán Alfonso García Rodríguez participando coa setter de nome “Jara” o cal foi o primeiro en facer a súa entrada en control co cupo de perdices. O dominio dos cazadores da provincia de Ourense quedou reflexado co segundo posto acadado por Diego Dorado Álvarez con “Daiki” que foi o segundo cazador que entrou en control con caza o cal lle permitiu obter o segundo posto da clasificación xeral. O bronce foi para a provincia de Pontevedra grazas ao competidor Javier Calvo Simoes que coa cadela “Nena” obtendo tamén 550 puntos, pero entrando minutos máis tarde que Diego Dorado. No Campionato Galego de Caza Menor Adaptado o primeiro posto foi para Emilio Vila Torreira que participou con “Ron” namentras que Nuria Varela Painceiras con “Jota” era a campiona galega feminina. Estes tres primeiros clasificados da categoría masculina máis o campión de Adaptado e Feminino, representarán a Galicia no Campionato de España da especialidade. Rematada a competición tivo lugar o acto de clausura e entrega de premios. José Moure como Director da Proba agradeceou o comportamento e deportividade dos participantes ao tempo que daba a palabra as autoridades presentes, entre as que se atopaba: Luis Eusebio Fidaldo, Presidente da FGC; Ramón Rodríguez, Vicepresidente da FGC; Francisco López, Presidente da FGC de Lugo e José Mera, Presidente do Clube de Cazadores Río Miño. Este Campionato Galego contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion. |