CAMPIONATO XUNTA GALICIA CETRARÍA |
Os mellores cetreiros na Terra Chá |
29/10/2024 |
XXI Campionato Xunta de Galicia de Cetrería O pasado 26 e 27 de outubro desputouse o XXI Campionato Galego Xunta de Galicia de Cetrería no Tecor lucense da Terra Chá. Un campionato organizado pola Federación Galega de Caza e a Sociedade Galega de Cetrería e contando coa colaboración da Sociedade de Cazadores do Tecor Terra Chá, Deputación de Lugo e os concellos de Villalba e Cospeito. Baixo unhas condicións climáticas moi diferentes entre a xornada do sábado e a do domingo, na derradeira fin de semana do mes de outubro desputábase unha edición máis do autonómico de cetrería. Un campionato que contou coas categorías de: altanaría a pomba lanzada, baixo voo Azores a perdiz, baixo voo Harris a perdiz, pequenas aves a paspallás e brazo tornado (falcóns) a perdiz. Todo comenzaba o venres 25 de outubro ás 20:30 horas no Museo das Aves de Cospeito coa recepción de cetreiros. Durante a cal tivo lugar tamén a presentación do campionato e o sorteo de quendas de voo.
Altanería Na modalidade de altanería o título de Campión Galego era ara Marcelino Herrera. O subcampionato era para Rogelio Domínguez e o terceiro posto do podio era Jenifer Micaella. Baixo Voo Na modalidade de Baixo Voo a participación foi moito máis alta.Na categoría de Azores o Campión Galego era Pedro A. Sanjuan. David Zumeta facíase co segundo posto da clasificación xeral. O bronce con era tamén para Pedro A. Sanjuan. En Harris o campión era José Gregores seguido en segunda posición por Evaristo González. O terceiro posto era para o cetreiro Adrían Bravo. Brazo Tornado Evaristo González era o campión desta categoría seguido moi de preto, xa en segunda posición, por Carmela González. O bronce era para Jose Manuel Gregores. Pequenas Aves Na categoría de Pequenas Aves resultaba campión Ignacio Orge. O subcampionato e o bronce eran para o cetreiro Evaristo González. Este campionato autonómico contou co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport. |