PROVINCIAL PONTEVEDRA CAZA MENOR |
Ramón Carballido con “Mouro” gañador do provincial pontevedrés de caza menor |
29/10/2024 |
XXXVII Campionato Provincial de Pontevedra de Caza Menor con Can Este pasado sábado, 26 de outubro, os montes do tecor A Cañiza, foron o escenario da disputa do XXXVII Campionato Provincial de Pontevedra de Caza Menor con Can. Arrincou a competición, logo dunha chuviosa mañá, coa néboa como protagonista, que fixo atrasar o comezo da proba. A competición foi dirixida por José Manuel Martínez, Delegado de Caza Menor da FGC de Pontevedra, e foi quen deu o pistoletazo de saída, para que os deportistas co seu can e xuíz saísen a competir durante o horario establecido. Unha vez finalizada a competición, o campión foi Ramón Carballido Veiga, acompañado do seu can "Mouro". Javier Calvo Simoes, coa súa cadela "Meniña" foi o subcampión por diante de José Antonio Vasconcellos Vicente, que co seu can "Azor" remataba en terceira posición. Na clausura do evento e entrega de trofeos agradecer a participación e colaboración do Concello da Cañiza, co seu alcalde, Luis Antonio Gómez o fronte. Este campionato provincial contou co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e pensos Bichoucos. |