LICENZA DE CAZA MAIORES DE 65 ANOS
A renovación da licenza de caza para os maiores de 65 anos terá un tempo de validez indefinido
23/10/2024

Cando a Federación Galega de Caza realizou a petición para a gratuidade da licenza de caza para cazadores maiores de 65 anos tamén solicitou a súa validez por tempo indefinido. Este feito será unha realidade no vindeiro ano xa que así o establece a nova Lei de Acompañamento aos Presupostos da Xunta de Galicia que establece unha modificación da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia.

Deste xeito os cazadores maiores de 65 anos, no vindeiro 2025, renovarán  a súa licenza de caza por un tempo de validez indefinido.