PROXECTO ARCEA |
Gran aportaciĆ³n dos cazadores galegos para o censo das arceas |
21/10/2024 |
O pasado venres, 18 de outubro, ás portas da apertura da tempada xeral de caza en Galicia, a Federación Galega de Caza coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático organizou o evento “Proxecto Arcea”. No Gran Hotel Os Abetos, sito en Santiago de Compostela, tivo lugar o acto do “Proxecto Arcea” dirixido a censadores e representantes de sociedades de caza que participaron no censado da pasada tempada cinexética. O secretario xeral da FGC, José Moure, era o encargado de presentar a xornada que daba comenzo ás 20:00 horas co agradecemento por parte do presidente da FGC, Luis Eusebio Fidalgo, aos máis de 70 asistentes polo esforzo e implicación neste proxecto, sendo os arceeiros os verdadeiros protagonistas. A primeira ponencia era impartida por Pablo Quirós, Técnico do Servizo de Vida Silvestre do Principado de Asturias, que de xeito extraordinario expoñía a “dinámica das poboacións das arceas” froito dun intenso é prolongado traballo con esta migratoria. Era César Pérez, Investigador e Profesor Doutor no Departamento de Enxeñería Agroforestal do Campus Terra da USC en Lugo e Co-autor do Informe sobre o estudo da Arcea o que interviña en segundo lugar. César fixo un repaso, polo miudo, dos datos obtidos polos censadores galegos na pasada campaña. Un traballo que deu o primeiro paso firme de cara a esta tempada de censos no cal se conseguiu un gran equipo de censadores que co traballo desinteresado estan aportando datos esenciais para o aproveitamento cinexético da arcea. Remataba o acto coa intervención de Jorge García, Xefe do Servizo de Caza e Pesca do Principado de Asturias, e de Luis Eusebio Fidalgo os cales agradeceron o esencial papel que xogan os cazadores nestes estudos ao tempo que animaron aos presentes e posibles novos participantes nesta nova campaña de censado que xa deu comenzo. |