PROVINCIAL CORUÑA COELLO |
José Antonio Fernández e os seus beagles acadan o primeiro posto do provincial coruñés de coello |
16/09/2024 |
Campionato Provincial da Coruña de Cans de Rastro sobre Coello O pasado 14 de setembro, desputábase unha edición máis do Campionato Provincial da Coruña de Cans de Rastro sobre Coello. Proba que trascorreu nos terreos do Tecor Bergantiños Norte e foi organizado pola Federación Galega de Caza na Coruña en colaboración coa Sociedade de Caza Venatoria de Bergantiños. Con 64 cans inscritos correspondentes a 16 lotes arrincaba este campionato no que os participantes realizaron prestacións de enorme calidade grazas a unhas óptimas condicións climáticas así como unha boa densidade de coellos existentes nos campos de competición. A proba estivo dirixida por Ángel Casas Ferreiro e actuaron como xuíces: Oscar Esparís, José María Álvarez, Ramón Collazo e Secundino Carballo. Foi o lote propiedade de José Antonio Fernández Alves o que acadaba o título provincial participando cos beagles “Hércules, Harry, Hermosa e Heide” e obtendo un total de 600 puntos. O subcampionato recaía en Daniel Bouzas Vázquez participando cos cans “Rex, Skay, Unal e Treson” e 590 puntos. O terceiro posto, con 550 puntos, era para o lote propiedade de José Manuel Méndez Campos cos seguintes cans “León, Boby, Chola e Luna”. O beagle de nome “Skay” propiedade do subcampión Daniel Bouzas foi premiado como “Mellor Can da Proba” con 155 puntos. Este Campionato Provincial contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Arion e Mutuasport. |