CAZA PRÁCTICA PERDIZ EN MONTAÑA |
“Zara do Coto da Neboa” de Francisco Santiago gañadora, por segundo ano consecutivo, da Proba de Cans de Parada sobre Perdiz en Montaña |
11/09/2024 |
III Proba de Cans de Parada sobre Perdiz en Montaña A Federación Galega de Caza na Coruña celebrou, o sábado 7 de setembro, a terceira proba de caza práctica en montaña sobre perdiz que se desputou nos Tecores societarios de “Eixil” de Cedeira-Cerdido e “Ortegal” de Ortigueira. A competición foi xulgada por Jesús Blanco Paredes e José Ángel Seco e actuou como Directora da Proba Cristina Sanmartín. Nela participaron un total de 24 cans todos eles de razas británicas. Resultou gañadora, por segundo ano consecutivo, a setter inglés “Zara do Coto da Neboa”, de Francisco Santiago, coa cualificación de 1º Exc. O segundo posto foi para o tamén setter inglés “Frey de Piago”, de Edelmiro Neira, coa cualificación de 2º Exc. O bronce foi para a setter inglés “Mira de Piago” propiedade de René Vale, cunha calificación de 3º Exc. Este Campionato contou coa colaboración do Concello de Cedeira e o patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion. |