- Unha vez coñecida e analizada dita sentencia por parte da FGC, informar que esta prohibe a caza da becacina no territorio galego así como a do raposo nas batidas de xabaril *sen autorización expresa*.
- Ditos cambios entrarán en vigor unha vez se modifique a actual Orde de Vedas
- A FGC está analizando as sentencias e traballando para que a aplicación das mesmas e a modificación da Orde de Vedas afecte o menos posible aos cazadores galegos
- Mentres non se publique unha modificación da Orde de Vedas a caza seguirá rexéndose pola actual sen ningunha modificación
- Dende a FGC seguimos traballando neste tema e seguiremos informando aos nosos federados
|