CAMPIONATO GALEGO DE ARCO |
CampiĆ³ns galegos de arco |
12/08/2024 |
XXIV Campionato Galego de Percorridos de Caza con Arco Xunta de Galicia e XXIV Campionato Galego de Caza con Arco ao Voo Xunta de Galicia No día de onte, 11 de agosto, celebrouse o XXIV Campionato Galego de Percorridos de Caza con Arco na localidade de Soutomaior - Pontevedra. Unha proba na que participaron un total de 43 arqueiros e que foi a derradeira tirada que pechaba a tempada e daba a coñecer os representantes galegos para o Campionato Nacional. Este campionato contou coa organización da Federación Galega de Caza e a esencial colaboración e traballo do Clube Cazarco. Coma sempre, os participantes pasaron unha entretida mañá no campo de tiro da sociedade sito en Candán, resolvendo un circuito de 8 propostas de caza. Resultados da derradeira proba da tempada de percorridos de caza con arco: - Arco Asistido Masculino: 1 Miguel Caruncho Campanario, 2 Jaime Villaverde Balado e 3 Ismael Figueroa Vilaboa. - Arco Tradicional Masculino: 1 Jacobo Santoro Lorenzo, 2 Herminio López Noval e 3 Roi López Díaz. - Arco Asistido Damas: 1 Dolores Bugarín Codeseda, 2 Marina Oliveira Amoedo e 3 María del Carmen Novoa Varela. - Arco Tradicional Damas: 1 Laura Fernández Crespo, 2 Eva Davila Rodal - Arco Junior: 1 Nerea Piñeiro Gago, 2 María Moreira Álvarez e 3 Carlota Otero Cayetano - Arco Cadetes: 1 Serafín Germán Veiga.
Unha vez recollidos os resultados de todas as probas da especialidade desputadas na presente tempada, o Campionato Galego rematou cos seguintes campións galegos por categorías: - Arco Asistido Masculino: Jaime Villaverde Balado - Arco Tradicional Masculino: Jacobo Santoro Lorenzo - Arco Asistido Damas: Dolores Bugarín Codeseda - Arco Tradicional Damas: Laura Fernández Crespo - Arco Junior: Carlota Otero Cayetano Despois da desputa do Campionato Galego de Percorridos de Caza con Arco, tivo lugar o Autonómico de Caza con Arco ao Voo. Este campionato contou coa organización da Federación Galega de Caza e a esencial colaboración e traballo do Clube Cazarco. Na localidade pontevedresa de Pazos de Borbén desputouse o Campionato Galego de Caza con Arco ao Voo coa presenza de 5 parellas de cazadores cos seus respectivos cans de mostra. A parella campiona foi a composta por Jacobo Santoro e Ismael Figueroa que contaron coa axuda da setter de nome “Vela”. Estes campionatos contaron co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia e Mutuasport. |