CAMPIONATO GALEGO DE SAN HUBERTO |
Jorge Martín con “Max da Chousa” e Nuria Varela con “Perseo da Xeara” son os novos campións galegos de San Huberto |
11/08/2024 |
XXVI Campionato Galego de Caza San Huberto Xunta de Galicia desputado en Mañón No día de onte, 10 de agosto, tiña lugar o Campionato Galego de Caza San Huberto no que Jorge Martín Sánchez en Homes e Nuria Varela Painceiras en Donas, resultaban campións. Coa organización da Federación Galega de Caza e a colaboración da Sociedade de Cazadores Venatoria de Mañón e a Agrupación de Cazadores do Ortegal desputábase esta fase final clasificatorio para o Nacional da especialidade que se desputará, o 21 e 22 de setembro, en Castellón. Os participantes repartíronse en 4 campos: tres campos para Homes e un para Donas. O intenso barrage final de Homes foi desputado polos dous mellores de cada campo, nesta ocasión foron: Juan Jose Canosa, Jorge Martín, Antonio Costa, Edelmiro Leira, Juan Carlos Arteche e Camilo Taboada. Na categoría Homes o cazador Jorge Martín Sánchez co macho de pointer “Max da Chousa” obtiña a mellor puntuación, 75 puntos, e acadaba o título de campión autonómico da especialidade. Juan José Canosa Vigo tamén cun macho de pointer de nome “Nike da Chousa” era o subcampión con 67 puntos, namentres que Antonio Costa López co setter macho de nome “Paiper” obtiña o bronce con 59 puntos. A cazadora Nuria Varela Painceiras co pointer “Perseo da Xeara” era, con 55 puntos, a flamante campiona na categoría de Donas. A prata era para Nicolasa González Carredoguas coa setter “Berta de Vilar de Donas” e 53 puntos. Lidia Almeida de Oliveira acompañada do macho de setter inglés “Dilan de Piago” acadaba o terceiro posto da clasificación con 50 puntos. Neste Autonómico de San Huberto tamén se deu a coñecer o Campión da Copa Galicia da especialidade. Nesta ocasión resultou gañador Roberto Dopico Dopico que recibía a placa de campión e un pase directo para o Campionato Nacional da especialidade. Para o vindeiro Nacional a Selección Galega quedou conformada polos seguintes deportistas: Jorge Martín, Antonio Costa, Edelmiro Leira, Roberto Dopico, Juan José Canosa (Campión da Copa España 2023), Nuria Varela, Nicolasa González e Lidia Almeida. Este Campionato Galego contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Proyecta Galicia, Mutuasport e Arion. |