SAN HUBERTO MANUEL REBORDELO |
Edelmiro Leira con “Nilo” gañadores nas Pontes |
10/07/2024 |
Copa Federación da Coruña de Caza San Huberto recoñecemento á traxectoría deportiva de Manuel Rebordelo Maira A FGC da Coruña tivo a ben, o pasado 6 de xullo, facer un recoñecemento á traxectoría deportiva de Manuel Rebordelo Maira. Cazador e xuíz sempre moi vinculado á FGC e as competicións cinexético-deportivas. Esta proba da Copa Federación da Coruña de San Huberto foi puntuable para a Copa Galicia e tivo como campos de competición os terreos do Tecor Venatoria das Pontes. A proba foi dirixida por Cristina Sanmartín e nela participaron preto de 30 cazadores. Desputado o barrage final o competidor Edelmiro Leira Pérez que participou co braco de nome “Nilo” acadou a mellor puntuación e foi o campión con 64 puntos. Con 59 puntos, a prata foi para Lidia Almeida de Oliveira que participou co setter “Dylan”. José Sanmartín Pérez obtivo o terceiro posto con “Kira” e 43 puntos. Un xantar de irmandade puxo o punto e final a esta proba que tivo como protagonista a Manuel Rebordelo, o cal recibiu un agasallo e un emotivo recoñecemento por parte de compañeiros e organización. Esta proba contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion. |