PROVINCIAL CORUÑA COMPAK |
Torres Parada gañador do provincial coruñés de Compak |
24/06/2024 |
Campionato Provincial da Coruña de Compak Sporting O campionato provincial de compak sporting da Coruña celebrouse no día de onte, 23 de xuño, e estivo organizado pola Federación Galega de Caza na Coruña e contou coa colaboración da Sociedade Deportiva Río Sar. A proba desputouse nas instalacións do campo de tiro de Río Sar a 100 pratos en catro canchas. Medio cento de tiradores tentaron acadar as mellores marcas nas diferentes categorías para formar a selección provincial para o vindeiro Autonómico da especialidade que se desputará, este domingo 30 de xuño, en Río Sar. Foi José Manuel Torres Parada o tirador que obtivo o título de campión provincial despois de escachar un total de 94 pratos. Unha marca que non foi quen de alcanzar Daniel Cebreiro García que se tivo que conformar co segundo posto da xeral con 93 pratos. No terceiro caixón do podio da clasificación xeral situouse o senior Antonio Iglesias Otero con 93 pratos. Jose Manuel Fernández Añón era o terceiro clasificado da categoría de Homes con 90 pratos. En Senior o mellor clasificado despois de Iglesias Otero foi Constantino Vilar Rodríguez con 85 pratos. O bronce era para Ángel Ramón Vidal Quintela con 84 pratos. Na categoría de Veteranos o campión era Elisardo Cea Cebreiro con 85 pratos. Juan Antonio Sánchez Mancebo e Antonio Castro Ferreiro obtiveron o segundo e terceiro posto, respectivamente. O sempre presente Ángel Mosquera Rodríguez rematando a tirada con 60 pratos e era o mellor clasificado da categoría Master. Este campionato provincial contou co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport. |