PROVINCIAL OURENSE COMPAK SPORTING |
Francisco Javier Villanueva foi o campión provincial e Daniel Cebreiro o campión da proba |
17/06/2024 |
VI Campionato Provincial de Ourense de Compak Sporting O “Campo de Tiro A Goberna” situado en Beariz acolleu no día de onte, 16 de xuño, o VI Campionato Provincial de Ourense de Compak Sporting. Unha proba provincial que contou coa organización da Federación Galega de Caza en Ourense e ca colaboración da Asociación Deportiva A Goberna Beariz e a Sociedade de Cazadores A Goberna Regueiro. Un campionato desputado por 30 tiradores que se enfrontaron a 100 pratos divididos en 2 canchas a duas voltas e sendo xuzgados por José Ricardo Rivero e César Tosar. O tirador coruñés Daniel Cebreiro García foi o campión da proba cun total de 94 pratos escachados. O subcampión da proba foi o xoven tirador Javier Suárez da Fonte con 93 arxilas. O terceiro posto foi para Sergio Loureiro Rodríguez con 92 pratos. O mellor tirador da clasificación xeral da provincia de Ourense e polo tanto Campión Provincial foi Francisco Javier Villanueva Dejuana que obtivo o cuarto posto con 91 pratos En seniors o campión era Alfredo García Mendoça con 89 pratos namentras que Ángel Ramón Vidal Quintela e Isaac Otero Penedo conformábanse coa prata e o bronce con 87 e 86 pratos derrivados, respectivamente. O tirador Antonio Castro Ferreiro foi o tirador que obtivo o primeiro posto na categoría de veteranos con 84 pratos. Foi Eliseo Faraldo Fernández o subcampión da categoría con 69 pratos. Este campionato provincial contou co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport. |