COPA ESPAÑA MUTUASPORT XABARIL
O galego Antonio Sánchez e “Chico” conquistan a IV Copa de España Mutuasport de Cans de Rastro Atrelados
12/06/2024

O acuartelamento Cabo Noval de Oviedo (Asturias) foi testemuña da vitoria de Antonio Sánchez e o seu grifón “Chico” na IV edición da Copa España de Cans de Rastro A Traílla, celebrada o pasado sábado 8 de xuño.

 Nesta concorrida e disputada competición, acompañaron ao galego no pódium o asturiano Bernardino co seu grifón “Boto” ao finalizar en segunda posición, mentres que a cántabra Beatriz Díaz coa súa grifona “Nela” obtiñan a medalla de bronce.

A proba, organizada pola Real Federación Española de Caza (RFEC), a Federación Asturiana de Caza e o Consello Superior de Deportes, contou cun total de 54 participantes das distintas rexións do norte de España, distribuídos en tres campos, clasificándose os seis mellores de cada campo para a desputada final.

Baixo a dirección do delegado nacional de rastro da RFEC, Óscar Meijide, e do organizador da proba Casimiro González, os participantes demostraron as súas calidades e comportamento coa traílla, fixación do rastro e a voz, o seguimento e demais aptitudes valoradas polos xuíces nacionais.

CLASIFICACIÓN

1º Antonio Sánchez – Chico (Galicia) 500

2º Bernardino – Boto (Asturias) 464

3º Beatriz Díaz – Nela (Cantabria) 446

4º Diego Molina – Lokina 435 

5º Emilio José Fernández – Isco 432

6º Joaquín Villamil – Kinder 432

7º Iván González Suarez – Volcán 427

8º Iván Carboeiro – Gildo 419

9º Iván Berros – Dembelé 417

10º Martín Martínez – Camarón 414