PROVINCIAL PONTEVEDRA COMPAK
Martín Baqueiro campión provincial de compak
10/06/2024

XXIV Campionato Provincial de Pontevedra de Compak Sporting

Máis de medio cento de tiradores citáronse onte, 9 de xuño, en Tomiño para a desputa da edición XXIV do Campionato Provincial de Pontevedra de Compak Sporting organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa colaboración dos Clubes de Tiro Fronteiriñas e Eido Dalbo.

A proba contou con catro canchas nas cales os tiradores enfrontáronse a un total de 100 pratos. Uns pratos moi técnicos e baixo unha perfecta organización fixeron desta fase provincial unha xornada brilante desta disciplina do tiro.

Na Xeral Absoluta o campión da proba foi Martín Baqueiro Villafines con 93 pratos que obtiña deste xeito o título de campión provincial. Con 90 arxilas escachadas remataba o tirador coruñés José Manuel Torres Parada que obtiña a prata. O bronce foi para Francisco Javier Rivero Martínez con 88 pratos. Roberto Rodríguez Fernández foi o cuarto da xeral e bronce do provincial con tamén 88 pratos.

Francisco Javier Rivero Martínez era tamén o campión con 88 pratos na categoría Senior superando a Carlos Misa Alonso e José Suárez Rodríguez que remataban en segunda e terceira posición respectivamente.  

Na categoría Veteranos o campión era Felipe Ferreira Constant con 80 pratos escachados por diante de José González Yañez que remataba a tirada con tamén 80 pratos. Gabino Villamor Vázquez obtivo o terceiro posto con 73 pratos.

José María González Rodríguez con 71 arxilas era o campión na categoría de Máster por diante de Ángel Vidal Conde con 56 pratos.

Este campionato provincial contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.