CURSO COELLO ARTEMISAN - CENSOS
Censando caza
09/06/2024

No día de onte, 8 de xuño, tivo lugar no Hotel Scala de Padrón un Curso sobre a Xestión do Coello de Monte e sobe a realización de censos a traves da APP Censdata do Observatorio Cinexético de Artemisan.

Máis de 60 cazadores e directivos de sociedades de caza participaron nesta xornada organizada pola Fundación Artemisan, RFEC e a FGC dentro do Observatorio Cinexético e o proxecto Life Iberconejo.

Ás 9:30 horas tiña lugar o acto de benvida e presentación do curso por parte do presidente da FGC, Luis Eusebio Fidalgo. A continuación, Carlos Sánchez coordinador adxunto de Investigación de Artemisan daba unha  breve introdución do proxecto Life Iberconejo así como diferentes apuntes sobre as ferramentas e metodoloxías para os mostraxes, tanto do Observatorio Cinexético como do SMART. Neste apartado tamén interviu José Antonio Torres, inverstigador de Artmisan.

Rematada a xornada coas prácticas das ferramentas de censado, tanto da SMART como do Observatorio Cinexético.

O secretario Xeral da FGC e censador, José Moure e o presidente Luis Eusebio Fidalgo clausuraban o acto ao tempo que facían especial fincapé na necesidade de censadores para aportar datos científicos das diferentes especies cinexéticas, neste caso en especial do coello de monte, para unha mellor defensa e rigor á hora de afrontar toma de decisións coa administración en materia cinexética.