PROBA DE CEIBA TERRAS DO ORTEGAL
O lote do monteiro cántabro Ramón Gutiérrez resultou campión da Proba de Ceiba Terras do Ortegal
02/06/2024

XIV Copa Federación de Cans de Rastro sobre Xabaril Salvaxe “Proba de Ceiba Terras do Ortegal”

Na xornada de onte, 1 de xuño, tiña lugar a xa XIV Copa Federación de Cans de Rastro sobre Xabaril Salvaxe “Proba de Ceiba Terras do Ortegal”, todo elo baixo a organización da Federación Galega de Caza na Coruña e coa colaboración das Sociedades de Cazadores de Ortegal, Venatoria Mañón e Cedeira-Cerdido, así como os concellos de Cariño, Cedeira, Ortigueira, Mañón e Cerdido. 

Un día de monte, cans e xabariles no que tomaron saída un total de 25 equipos compostos por ata tres conductores e 6 cans. 

Un ano máis Ortigueira foi un referente para os monteiros do norte de España e grazas ao éxito organizativo e traballo dos rastrexadores, guías e xuíces, contabilizáronse numerosos avistamentos de xabaril e prestacións destacadas que fixeron as ledicias dos participantes e público.

O Xurado de Competición estivo formado por Ángel Javier Muíño e José Luis Pérez e actuando como Directores da Proba Tito Tarela e Antonio del Río.

Foi o lote do monteiro cántabro Ramón Gutiérrez García o que obtivo o primeiro posto con 1.002 puntos e converténdose no campión desta XIV edición, participando cos cans mestizos de nomes “Dona, Laika, Choco, Nansa, Tyson e Chulo”. 

O navarro Javier Arizkuren Pola foi o propietario do lote subcampión despois de realizar a prestación cos seus grifóns azuis “Oli, Sultán, Sam, Peco, Tor e Tambor” e obtendo unha puntuación de 976 puntos. Tamén o can “Sultán” integrante des lote subcampión obtivo o premio ao Mellor Can da Proba. 

O coruñés, Pablo Vázquez Candal co seu lote de grifóns azuis de nomes “Biela, Bierzo, Kai, Sua, Sultán e Mirlo” obtiña o bronce con 972 puntos.

Facemos mención a clasificación dos seguintes lotes:

4.- Andrés Dieste Piñeiro 

5.- Pablo González Castro

6.- Alfonso Jardón Quintana

7.- Alfredo Vázquez Bugallo

Destacar a entrega dunha placa por parte da organización a Manuel Saa Casariego pola súa esforzo e dedicación nas probas de ceiba “Terras do Ortegal” de cans de rastro xabaril salvaxe.

Esta proba contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.