XORNADA GRATUITA
Curso sobre xestión do coello e app de censado Artemisan
31/05/2024

A Real Federación Española de Caza en colaboración coa Federación Galega de Caza organiza o vindeiro 8 de xuño, no Hotel Scala en Padrón (A Coruña), un curso sobre a xestión do coello de monte, así como do uso da app de censado da Fundación Artemisan.

A xornada, que correrá a cargo dos técnicos da Fundación Artemisan e da RFEC, contará tamén coa presenza do Presidente da Federación Galega de Caza, Luis Eusebio Fidalgo e o secretario xeral José Moure, e nela farase fincapé na importancia que teñen os censados de especies na xestión cinexética.

A inscrición é gratuíta, xantar incluído, podendo participar calquera persoa federada que o desexe, sendo necesario anotarse antes do vindeiro 5 de xuño.

A inscrición pode realizarse online ou contactando por calquera medio coa Federación Galega de Caza.