PROBA DE ASEXOS CON ARCO |
Arqueiros ao asexo |
29/05/2024 |
III Proba de Asexos de Caza con Arco sobre figuras 3D Baixo a organización do Clube Cazarco e a Federación Galega de Caza en Pontevedra, o pasado 26 de maio tivo lugar a terceira edición da Proba de Asexos de Caza con Arco sobre figuras 3D. Unha proba que mantivo o éxito acadado nas pasadas edicións congregando a un elevado número de arqueiros galegos. Unha proba celebrada nas instalacións deportivas do Clube Cazarco, sito no lugar de Candán – Soutomarior (Pontevedra) e que congregou a un total de 36 arqueiros e arqueiras. Rematada a competición, o Director da Proba e Delegado de Arco da FGC, Jaime Villaverde Balado, deu a coñecer a clasificación das diferentes categorías: Arco Asistido Masculino -Jaime Villaverde Balado: 316 puntos -Eloy Álvarez Couñago: 313 puntos -Eugenio Fernández Otero: 308puntos
Arco Tradicional Masculino -Simón Sabaris García: 174 puntos -Jacobo Santoro Lorenzo: 170 puntos -José García Gómez: 161 puntos
Arco Asistido Damas -Mª Carmen Novoa Varela: 250 puntos -Marina Oliveira
Arco Tradicional Damas -Laura Fernández Crespo: 87 puntos -Eva Davila Rodal: 65 puntos
Junior -Carlota Otero Cayetano: 151 puntos -Nerea Piñeiro Gago: 133 puntos -Iria Boullosa Curras: 120 puntos
Cadetes -Serafín German Veiga Prieto: 70 puntos
Esta proba contou coa colaboración do Concello de Soutomario e co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport. |