PROBA XABARIL MEMORIAL DAVID GARCIA |
Maikel Otero con “Chacho” dominador na Terra Chá |
26/05/2024 |
Proba de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril O Tecor Terra Chá e a Federación Galega de Caza tiveron a ben organizar unha proba puntuable para a Copa Galicia de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril - Memorial David García “Tuerkas”. A xornada celebrouse no día de onte, 25 de maio, e nela participaron 30 monteiros que competiron para acadar a victoria e puntos da Copa Galicia da especialidade. Rematada a fase clasificatoria e final o monteiro lucense Maikel Otero Folgueira con “Chacho” e “Camaron” obtiveron o segundo e terceiro posto da clasificación xeral con 248 e 236 puntos, respectivamente. O bronce foi para o pontevedrés Salvador Sestelo Núñez coa cadela “Beba” e 212 puntos. |