PROVINCIAL DE LUGO DE SAN HUBERTO |
Jorge Dobarganes con “Baster de la Tormentosa” foi o campión de San Huberto na Festa da Caza de Lugo |
26/05/2024 |
XXVII Campionato Provincial de Lugo de Caza San Huberto O monte do Cristo eran os terreos elexidos pola federación lucense de caza para a celebración, hoxe 26 de maio, do seu campionato provincial de Lugo de Caza San Huberto. O Campionato Provincial de Lugo de Caza San Huberto deu como gañador ao cazador lucense Jorge Fernández Dobarganes como campión absoluto e tamén campión provincial co can “Baster de la Tormentosa” e 70 puntos. O segundo posto era para Jesús Paz Penelas con “Erdi” e 61 puntos. O bronce para Guillermo Barreira Folgueira co can de nome “Lingo” e 60 puntos. A selección provincial quedou conformada polos seguintes cazadores: Jorge Fernández Dobarganes, Jesús Paz Penelas, Guillermo Barreira Folgueira, Camilo Taboada Piñeiro e Roberto González Arias. Este Campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Arión e Mutuasport. |