CAMPIONATO GALEGO DE PAXARILES
Campións autonómicos de paxariles
21/05/2024

XXVII Campionato Galego de Paxariles desputado en Narón

O pasado 19 de maio, desputouse na AA.VV “O Val” – Narón, o Campionato Galego de Paxariles organizado pola Federación Galega Caza en colaboración coa Sociedade Deportiva A Faisca.

A esta edición número XXVII acudiron un bo número de paxaros, 113 en total, que coa calidade dos seus cantos foron obtendo as respectivas puntuacións. Os paxaros participantes foron divididos nas seguintes plumas: liñaceiro, xílgaro, mixto de liñaceiro, mixto de xílgaro, xílgaro campero, mixto de xílgaro campero,verderolo e mixto de verderolo. Actuando como Director da Competición Miguel Ángel Ares Ares.

Na categoría de Xílgaro foi Ricardo Díaz Fernández o que obtivo o primeiro posto con 66 puntos. A segunda praza era para Manuel Ramos Otero con 50 puntos e a terceira posición, con 33 puntos, foi para Marcelino Pardiñas Peña.

En Mixto de Xílgaro o ouro era para Dionisio Ares Babarro con 92 puntos. A prata era para Manuel Ramos Otero con 89 puntos e Julio Pereira Sánchez remataba en terceira posición con 84 puntos.

Na clasificación de Liñaceiro o primeiro posto foi para Pablo Brage Piñeiro con 70 puntos. Dioniso Ares Babarro foi o subcampión con 53 puntos e o terceiro posto era para Ángel Manuel Rua con 34 puntos.

En Mixto de Liñaceiro Jesús Ángel Faraldo Ares acadaba os tres primeiros postos con 84, 80 e 46 puntos, respectivamos.

En Xílgaro Campero o mellor clasificado era Jose Luis Vez Rodríguez con 31 puntos. O segundo posto era para Juan Luis Pita García con 24 puntos. O bronce era para Manuel Freire Pardo con 20 puntos.

En Mixto de Xílgaro Campero o campión era Miguel Couto Rodríguez con 11 puntos. A prata era para José Luis Vez Rodríguez con 8 puntos. Co mesmo número de puntos co segundo clasificado pero en terceira posición remataba María Victoría Rodríguez Fandiño.

Na categoría de Verderolo o participante Pedro Fernández Jiménez acadaba o primeiro e segundo posto con 28 e 23 puntos. Paula Veiga Sánchez obtiña o bronce con 14 puntos.

Na clasificación de Mixto de Verderolo resultaba gañadora Paula Veiga Sánchez con 71 puntos. José Manuel Romero Neira acadaba o subcampionato e o terceiro posto da clasificación con 44 e 31 puntos. 

Este Campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.