PROVINCIAL PONTEVEDRA XABARIL
Antonio Sánchez con “Chico” campión provincial e Michael Otero con “Chacho” campión da proba
20/05/2024

XXI Campionato Provincial de Pontevedra de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril

A Federación Galega de Caza de Pontevedra contou coa Sociedade de Caza O Campo de Xeve para a celebración da edición XXI da fase provincial de Pontevedra de Cans de Rastro Atraelados modalidade Xabaril.

Esta edición foi celebrada, o pasado 18 de maio, baixo a dirección de Alejandro Lorenzo e coa participación de 25 monteiros e 30 cans inscritos. A proba foi xuzgada por Eduardo González e o auxiliar, José Manuel Baloira, os cales decidiron a clasificación final que resultou do seguinte xeito.

O monteiro lucense Michael Otero Folgueira co seu grifón de nome “Chacho” foi o campión da proba cun total de 240 puntos. Con 237 puntos o subcampión e campión provincial foi Antonio Sánchez Sexto con “Chico”. Francisco Rodeiro Eiras con “Pistolas” foi o terceiro clasificado con 234 puntos.

Este campionato provincial contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, pensos Bichoucos e Mutuasport.