PROBA PUNTUABLE COPA GALICIA
Antonio Sánchez con “Chico” gañadores no Corgo
20/05/2024

Proba de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril

A Sociedade de Cazadores de O Corgo e a Federación Galega de Caza tiveron a ben organizar unha proba puntuable para a Copa Galicia de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril.

A xornada celebrouse no día de onte, 19 de maio, e nela participaron preto de 25 monteiros que competiron para acadar puntos da Copa Galicia da especialidade.

Rematada a fase clasificatoria e final o monteiro Antonio Sánchez Sexto co seu can “Chico” obtivo o primeiro posto con 237 puntos, gran fin de semana para o monteiro de Silleda que na xornada anterior se convertera no novo campión provincial de Pontevedra da especialidade. O lucense Michael Otero co “Camaron” e “Chacho” obtivo o segundo e terceiro posto da clasificación xeral con 232,5 e 219 puntos, respectivamente.

Un xantar de irmandade, a entrega de premios e a clausura da proba puxo o punto e final a esta primeira proba da Copa Galicia de 2024 da especialidade.