PROVINCIAL CORUÑA XABARIL
Francisco Rodeiro con “Pistolas” foi o campión provincial e Maikel Otero con “Chacho” o campión da proba
13/05/2024

Campionato provincial da Coruña de Cans de Rastro Atraelados modalidade Xabaril

En Melide, o sábado 11 de maio, tiña lugar o Campionato Provincial da Coruña de Cans de Rastro Atraelados modalidade Xabaril.

Baixo a organización da Federación Galega de Caza na Coruña e coa colaboración do Concello e Sociedade de Caza de Melide desputábase este destacado campionato con ampla participación e enorme deportividade.

Preto de 30 cans xuzgados polos xuíces Tito Tarela, Ángel Casas e Mario Dios competiron para acadar o pase para o Autonómico da especialidade ao tempo que se daba a coñecer o mellor monteiro da provincia.

Foi o monteiro lucense Maikel Otero Folgueira con “Chacho” o que obtivo o primeiro posto do campionato con 258 puntos. Con 242 puntos, en segunda posición, remataba Francisco Rodeiro Eiras co can “Pistolas” e se convertían nos novos campións provinciais. O pontevedrés Antonio Sánchez Sexto con “Chico” foi o terceiro clasificado da xeral con 237 puntos.

Está é a composición de monteiros que conforman a selección provincial: Francisco Rodeiro, Julio Ferradás, Dositeo Penas, Oscar Meijide, Iván Barral, José Luis Teijeiro, Jesús Ares, José Manuel Barreiro, Adrián Otero e Manuel Mantiñán.

Este Campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arión.