PROVINCIAL LUGO COMPAK SPORTING |
Otero del Río foi o campión provincial e campión da proba |
04/05/2024 |
XXIII Campionato Provincial de Lugo de Compak Sporting No campo de tiro eventual sito no monte do Cristo da localidade lucense de Portomarín tiña lugar hoxe, 4 de maio, a edición número XXIII do Campionato Provincial de Lugo de Compak Sporting. Un campionato provincial organizado pola Federación Galega de Caza de Lugo e que contou coa colaboración da Sociedade de Cazadores San Nicolás. Un total de 24 tiradores desputaban este campionato provincial a 50 pratos divididos en duas canchas de tiro e nas que o lucense José Luis Otero del Río proclamábase campión da proba e campión provincial cun total de 48 pratos escachados. Gran tirada para Otero que foi quen de acadar o único 25 da tirada. O segundo posto da Xeral foi para o tamén lucense Omar Insúa Rodríguez que rematou con 47 pratos despois de realizar unha extraordinaria tirada. O pontevedrés José Antonio Vasconcellos Vicente foi o terceiro clasificado con 45 pratos despois de resultar gañador no desempate desputado con Francisco Javier Rivero Martínez. O bronce provincial foi para Mario González Yáñez con 44 pratos. Francisco Javier Rivero Martínez era o campión da categoría Senior por diante de Mario González Yañéz e Constantino Vilar Rodríguez que remataban en segunda e terceira posición, respectivamente. Manuel Magide López en Veteranos, José María González Rodríguez en Máster e Artemio Formoso Barro en Tiro Adaptado conformaron o abano de campións desta fase provincial lucense. Este Campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport. |