PROBA XABARIL VILAGARCIA
O monteiro Álvaro Fontenla acada o primeiro posto en Vilagarcía co seu can “Lito”
23/04/2024

Proba Puntuable para a Copa Galicia da especialidade

Preto de 30 cans e monteiros citáronse, o 20 de abril, en Vilagarcía de Arousa para participar nunha proba de Cans de Rastro Atrelados sobre Xabaril organizado por os Trailleros do Salnés e coa colaboración da Sociedade de Cazadores de Karsita e a Federación Galega de Caza de Pontevedra.

Alto nivel e partipación deu como resultado extraordinarias presentacións do binomio monteiro – can no rastrexo do xabaril.

Foi o participante Álvaro Fontenla Filgueira o que co seu can de nome “Lito” acadase o primeiro posto da clasificación final con un total de 244 puntos. O segundo e terceiro posto eran para Salvador Sestelo Núñez cos cas “Beba” e “Cobi” con 243,5 e 228 puntos, respectivamente.

Esta proba contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport.