PROVINCIAL PONTEVEDRA SAN HUBERTO |
O campión provincial foi José Ramón Zamora con “Valle del Zamudia Bob” e o campión da proba Roberto Dopico con “Bruxo” |
22/04/2024 |
XXXVII Campionato Provincial de Pontevedra de Caza San Huberto Na xornada do pasado sábado día 20 de abril desputouse en Baiona o Campionato Provincial de Pontevedra de Caza San Huberto organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e contando coa colaboración da Sociedade de Caza “As Tres Bes”. A proba foi dirixida por Rafael Sánchez Malvar e xuzgada polos xuíces Santiago Saavedra Cuiña e José Ángel Seco Alvite, os cales destacaron o bo facer e deportividade dos participantes inscritos. O cazador Roberto Dopico Dopico foi o campión da proba co seu setter inglés macho de nome “Bruxo” con 78 puntos. O segundo posto, con 73 puntos, adxudicouso Edelmiro Leira Pérez co setter de nome “Dilan de Piago”. O terceiro posto e novo campión provincial foi para José Ramón Zamora Lorenzo co macho de setter “Valle del Zamudia Bob” e 44 puntos. Acudirán ao campionato galego representando á provincia de Pontevedra os seguintes cazadores: José Ramón Zamora, Rafael Nieto, Ramiro Ramirez, Esteban Lorenzo e Iván Souto. Este Campionato Provincial contou coa colaboración de Pensos Os Bichoucos e co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport. |