CURSO FORMACION XUÍCES TIRO |
Celebrado o Curso de Formación de Xuíces e Árbitros de Tiro |
15/04/2024 |
O sábado 13 de abril, as instalacións da Sociedade Deportiva Río Sar recibiu a 13 aspirantes a xuíces e árbitros das disciplinas de Percorridos de Caza e Compak Sporting. Unha xornada gratuita e organizada pola Federación Galega de Caza e que tiña como finalidade a de dar formación a futuros xuíces e árbitros das disciplinas de tiro. O curso deu comenzo ás 9:30 horas e como ponentes participaron: César Tosar González, xuíz Nacional de RRCC e Compak e José Moure Caneda, xuíz Autonómico de RRCC e Compak. Os aspirantes obtiveron coñecementos sobre o regulamente de percorridos de caza e compak sporting e tamén sobre a normativa de competicións da FGC. A presencia do delegado autonómico das disciplinas de tiro da FGC, Daniel Cebreiro, tamén proporcionou información aos futuros xuíces sobre o montaxe das canchas e postos de tiro, traxectorias, máquinas empregadas, etc. |