PROVINCIAL CORUÑA RRCC |
Daniel Cebreiro foi o campión provincial e Roberto Rodríguez o campión da proba |
15/04/2024 |
Campionato Provincial da Coruña de Percorridos de Caza O campionato provincial da Coruña de Percorridos de Caza tivo lugar no día de onte, 14 de abril, no Campo de Tiro Río Sar. Todo elo baixo a organización da Federación Galega de Caza na Coruña e contando coa colaboración da Sociedade Deportiva Río Sar. Con preto de 70 tiradores inscritos comenzaba esta fase provincial na que as mellores escopetas de Galicia enfrotáronse a 100 pratos con diferentes traxectorias e distancias de tiro. Un campionato no cal se obtiveron marcas moi elevadas e que foi valorado moi positivamente polos deportistas participantes. O campión da Clasificación Xeral foi Roberto Rodríguez Fernández que realizou un fantástico percorrido no que foi quen de derrivar un total de 94 pratos. O segundo clasificado e campión provincial foi Daniel Cebreiro García que rematou a tirada cun total de 93 pratos escachados. Con 92 pratos, a medalla de bronce era para Martín Baqueiro Villafines. Antonio Iglesias Otero e José Manuel Torres Parada, en quinta e sexta posición da clasificación xeral compretaron o podio provincial. Na categoría Senior o campión da proba era Alfredo García Mendoça con 92 pratos. O segundo senior e campión da provincia era Antonio Iglesias Otero e o bronce era para Francisco Javier Rivero Martínez. En Veteranos o primeiro posto era para Elisardo Cea Cebreiro con 82 pratos. José González Yáñez e Antonio Castro Ferreiro eran o segundo e terceiro clasificados, respectivamente. Na categoría de Máster o campión era, novamente, Ángel Mosquera Rodríguez con 67 pratos e en Xuveniles o campión era Álvaro Viqueira Castro con 57 arxilas. Este Campionato Provincial co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte e Mutuasport. |