XABARIL SALVAXE TRAILLA FERROLTERRA |
Miguel Villar con “Blanco” gañador en Ferrolterra |
15/04/2024 |
VI Proba de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril Salvaxe O pasado 13 de abril e baixo a organización da Federación Galega de Caza na Coruña e contando coa inestimable colaboración das Sociedades de Caza de Xubia, Fene, Urogallo e Valdoviño tivo lugar a sexta edición da Proba de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril Salvaxe. Unha proba que, ao igual que en edicións anteriores, foi todo un éxito en canto a participación e o desenrolo satisfactorio da mesma. Unha xornada na que se puxo a proba a maestría de monteiros e cans xa que as altas temperaturas dificultaron o rastrexo do porco bravo. Novamente esta proba foi puntuable para a Copa Galicia da especialidade que dará a selección para a participación do II Campionato de España de Cans de Rastro Atraelados sobre Xabaril Salvaxe. A proba trascorreu sen imprevisto e o número de rastros dispostos pola organización foron suficientes para os máis de medio cento de monteiros e cans inscritos. Ao igual que en edicións anteriores destacamos a participación de 10 rapaces menores de 18 anos que amosaron enorme destreza no rastrexo e manexo de cans atraelados. O Director da Proba, Tito Varela, deu a coñecer a clasificación final resultando do seguinte xeito: 1° Miguel Villar Loureiro con “Blanco” e 233 puntos 2° Pablo Ferreiro Muiño con “Richard” e 226 puntos 3° Brais Gómez con “Chanclas” e 225,5 puntos 4° Pablo Martínez Castrillón con “Saqui” e 217 puntos 5° Joaquin Ferreira Abad con “Ney” e 215 puntos 6° David Castrillón con “Chata” e 154,5 puntos Mellor can da Proba: “Chanclas” de Brais Gómez. Coa entrega de premios púxose punto e final a esta edición non sen antes dar un agradecemento especial, por parte da organización, aos guías por todo o traballo realizado tanto o día da competición como nos días anteriores. Este campionato contou coa colaboración do Concello de Valdoviño e Ferrol e co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion. |