PROVINCIAL CORUÑA SAN HUBERTO |
Juan José Canosa e Lidia Almeida campións provinciais en Xallas |
25/03/2024 |
Campionato Provincial da Coruña de Caza San Huberto O pasado sábado 23 de marzo, chegaba unha edición máis da fase provincial da Coruña da disciplina de Caza San Huberto na que se puxo en xogo as respectivas plazas de acceso para o Campionato Galego da especialidade. A Federación Galega de Caza da Coruña, e sempre coa colaboración da sociedade de caza correspondente, desprazouse nesta ocasión o Tecor de Xallas para desputar o provincial de Caza San Huberto. O cazador Juan José Canosa Vigo facíase con este provincial ao compretar un extraordinario percorrido, coa pointer de nome “Nike da Chousa”, que lle reportou unha puntuación de 80 puntos. Antonio Costa López foi o subcampión co setter “Paiper” e 65 puntos. Remataba en terceira posción Edelmiro Leira Pérez co pointer macho “Nilo do Lugar Vello” con 61 puntos. En Damas a campiona era Lidia Almeida de Oliveira que participaba co setter inglés “Dilan de Peago” e obtiña 47 puntos. O segundo posto era para Nuria Varela Painceiras que participou co pointer “Perseo da Xeara” e obtivo un total de 33 puntos. Este Campionato Provincial contou coa colaboración da Deputación da Coruña e o patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Arion e Mutuasport. |