TROFEO CIDADE DE LUGO CANS PARADA |
Bóveda acolleu o Trofeo Cidade de Lugo de Cans de Parada |
17/03/2024 |
Na xornada de onte, 16 de marzo, os terreos cinexéticos do Tecor de Bóveda acolleron a edición XXXIV do Trofeo Cidade de Lugo de Cans de Parada. Unha proba organizada pola Federación Galega de Caza en Lugo e que contou coa colaboración da Sociedade de Cazadores Pena Veitureira. Destacamos a participación do setter inglés de nome “Chico do Cereixal”, propiedade de Antonio Vilar, o cal acadou unha calificación de 1º EXC na categoría de razas Británicas. A pointer “Cora” de Fernando Manso obtivo o segundo posto cun 2º MB e cun 3º B situábase “Azor da Brisa da Ría”, setter inglés propiedade de Eloy Rodríguez. O braco alemán “Iron de Marcofa”, propiedade de Jaime Aneiros, foi o mellor calificado en razas Continentales cun 1º MB. Este Campionato contou co patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Arion e Mutuasport. |