FORO LOBO
A protección e convivencia do lobo a debate en Lugo
12/03/2024

O vindeiro luns 18 de marzo terá lugar en Lugo un foro sobre a convivencia co lobo. O acto celebrarase ás 10:00 no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Inxeniería do Campus lucense.

Neste foro organizado pola Voz de Galicia analizarase a situación do lobo, a súa convivencia e o incremento no seu status de protección. Intervirán gandeiros, investigadores e representantes políticos e eurodipuados. O presidente da FGC, Luis Eusebio Fidaldo, en calidade de Doutor en Veterinaria pola USC será un dos expertos ponentes neste foro. 

O acto será aberto ao público ata completar aforo e tamén se retrasmitirá ás 17:00 horas dese mesmo día na web e redes sociais da Voz de Galicia.

Dende a FGC seguiremos informando, nas vindeiras xornadas, sobre este foro de debate que ten o lobo como protagonista.

Máis información en: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2024/03/09/voz-organiza-18-marzo-debate-sobre-convivencia-lobo/00031709980999776288327.htm