TROFEO SOUTOMAIOR RRCC ARCO
Arqueiros campiĆ³ns do Trofeo Concello de Soutomaior
05/03/2024

O pasado 3 de marzo celebrouse a IV edición do Trofeo Concello de Soutomaior de Percorridos de Caza con Arco, nos terreos do clube Cazarco no lugar de Candan, Soutomaior.

Os 33 deportistas anotados estaban convocados ás 9:00 h da mañá para comenzar a competición deportiva. Para sorpresa de todos, despois duns días de temporal, amenceu un día espectacular, perfecto para gozar dun percorrido de caza composto por 8 propostas de caza onde os participantes puxeron a proba as súas habilidades de tiro e coñecementos da fauna tanto española coma do resto do mundo. 

A competición comezou ás 09:30 h finalizando ás 13:00 h e unha vez rematada procedeuse á recollida de todo o material empregado e traslado  a casa cultural da Pedreira. Lugar onde aos participantes, xuíces e organización os agardaba un suculento xantar.

Para a entrega de premios, en representación do concello de Soutomaior, asistiu o concelleiro Diego Moreira, quen quixo pasarse a conversar cos participantes e coñecer a fondo esta disciplina deportiva.

A clasificación final rematou do seguinte xeito:

- Arco asistido feminino: 1ª Dolores Bugarín - 2ª Mariña Oliveira

- Arco asistido masculino: 1º Jaime Villaverde - 2º José Caruncho - 3º Eloy Álvarez

- Arco tradicional feminino: 1ª Laura Fernandez - 2ª Eva Davila

- Arco tradicional masculino: 1º Jacobo Santoro - 2º Manuel Costas - 3º José García 

- Junior: 1ª Iria Boullosa - 2ª Carlota Otero - 3ª Nerea Piñeiro

A proba estivo organizada polo Clube Cazarco contando coa colaboración do Concello de Soutomaior e a FGC de Pontevedra. Co patrocinio da Secretaria Xeral para o Deporte e Mutuasport