CANS DE PARADA SOBRE ARCEA
“Rotor” de Marcos Estévez obtivo a mellor calificación
12/02/2024

VI Copa Federación de Cans de Parada sobre Arcea

Nos derradeiros compases da tempeda de arcea, a Federación Galega de Caza celebraba a sexta edición da Copa Federación Galega de Cans de Parada sobre Arcea, desputada o pasado 10 de febreiro de 2024. 

O lugar elixido foi Cedeira, gracias á cesión dos terreos e colaboración da sociedade de cazadores Cedeira - Cerdido.

Á proba acudiron un total de 25 cans, sendo a Directora da Proba Lidia Almeida e actuando como xuíz José Ángel Seco Alvite e como auxiliar Antonio Fraga Temprano.

A clasificación final foi a seguinte:

1ª clasificado con 1 EXC “Rotor”, de Marcos Estévez Rivas

2ª clasificado con MB “Breogan”, de Fabián Barge Vilela

3º por prestación “Nes de Bosende”, de Andrés Pena Vázquez

Destacar ao can de nome “Ades Ventos do Garlam” de Antonio Fernández García por acadar o trofeo ao Mellor Can novo da Proba.

Este Campionato Provincial contou coa colaboración da Deputación da Coruña e o patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Arion e Mutuasport.