A CAZA TAMÉN VOTA
Ante os comicios autonómicos a FGC activa “A Caza Tamén Vota”
07/02/2024

Os galegos estamos convocados para elixir, o vindeiro 18 de febreiro, os representantes do novo Goberno Autonómico para os próximos catro anos. A Federación Galega de Caza conta cunha ampla representación do colectivo de cazadores galegos, representando a máis do 90% das Sociedades de Caza que rixen os Tecores da nosa comunidade. 

A FGC debe manter e manterá sempre a neutralidade nos diferentes procesos electorais pero isto non quere decir que non lle traslade aos cazadores galegos as diferentes propostas dos Partidos Políticos sobre a política cinexética, ambiental e mesmo sobre o medio rural. 

Con todo isto, a FGC ven de activar a xa tradicional campaña de #ACazaTaménVota na cal xa solicitou unha rolda de reunións cos diferentes Grupos Políticos. 

Nos diferentes canles de comunicación da FGC manteremos informados das conclusións de ditas reunións. Con esta iniciativa contribuímos a que os cazadores galegos exerzan de xeito responsable o seu dereito ao voto.