CONVENIO DIVULGACIÓN
Divulgación da actividade cinexética
24/01/2024

A Federación Galega de Caza e a Consellería de Medio Ambiente asinaron, no día de hoxe, un convenio para a promoción e divulgación da actividade cinexética na nosa comunidade.

Tanto a Vicepresidenta Segunda e Conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez como o presidente da FGC, Luis Eusebio Fidalgo, abordaron a importancia e necesidade da posta en valor da actividade cinexética que se impulsará coa sinatura deste convenio.

Destacar que un dos acordos deste convenio conleva a coordinación e censado da arcea en Galicia, mediante a participación voluntaria de cazadores / censadores.

Nos vindeiros días a FGC manterá informado ós cazadores e sociedades de caza que desexen participar neste censado que permitirá coñecer mellor a presenza desta especie.