NACIONAL DE ARCEAS |
O galego Antón Moure coa setter “Lira” subcampión de España de Arceas |
22/01/2024 |
Os días 19 e 20 de xaneiro tivo lugar na localidade madrileña de Puebla de la Sierra o XXXII Campionato de España de Becadas e a II edición do Nacional Feminino da especidalidade. Unha das probas raiñas do calendario de competicións da RFEC desputado na Reserva Nacional de Caza de Sonsaz e na que a selección galega acadaba grandes resultados. Unha selección conformada por José Antonio Vasconcellos, Antón Moure, José Manuel Díaz e Nuria Varela. A ledicia chegou para Galicia da man do xoven cazador coruñés Antón Moure que, acompañado da súa extraordinaria setter de nome “Lira”, foi quen de acadar o subcampionato de España de Arceas. Unha gran participación de Antón Moure que estivo a piques de ser o campión nacional ao completar o cupo de 3 arceas con 5 disparos, sendo superado polo navarro Juan Ángel Arana que tamén acadou o cupo pero empregando 4 disparos. Un sobervio resultado tendo en conta o alto nivel de participación e resultando ser un campionato con abundante caza baixo condicións moi esixentes. O lucense José Manuel Díaz tamén compretou unha gran participación cunha quinta posición na xeral con 500 puntos. Noraboa á selección galega por poñer a Galicia no máis alto do panorama cinexético-deportivo nacional! |