GALEGO DE ARCEAS |
José Antonio Vasconcellos e Nuria Varela son os novos campións galegos de caza de arceas |
24/12/2023 |
XXVII Campionato Galego e I Campionato Galego Feminino de Caza de Arceas No día de onte, 23 de decembro, no concello pontevedrés do Rosal, desputouse unha das grandes citas do calendario de competicións da Federación Galega de Caza. Coa colaboración da Sociedade de Caza A Rosaleña despoutouse a edición número XXVII do Autonómico de Arceas que neste 2023 tiña, como novidade, a celebración da primeira edición feminina. Foi o cazador pontevedrés José Antonio Vasconcellos Vicente acompañado do seu setter o que fixo a primeira entrada en control con unha captura e que, finalmente, lle supuxo acadar o primeiro posto da clasificación xeral e converterse no campión galego deste 2023. Tamén con 500 puntos, pero en segunda posición, remataba o cazador Antón Moure Segade da Coruña. O bronce foi para terras lucenses da man de José Manuel Díaz Paz con tamén 500 puntos. A primeira campiona galega de caza de arceas foi Nuria Varela Painceiras que xunto co podio masculino representará a Galicia nos campionatos de España da especialidade. Un agradecemento especial á Sociedade de Caza A Rosaleña por ceder os seus terreos para a desputa deste campionato, o cal trascorreu sen imprevistos e con máxima deportividade. Unha proba con menos lances cinexéticos dos desexados por os participantes pero a arcea e a súa caza son impredecibles. Este campionato galego contou co patrocinio a Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arión. |