PROVINCIAL PONTEVEDRA ARCEA
Javier Calvo coa setter “Nena” gañadores do campionato provincial
18/12/2023

XXX Campionato Provincial de Pontevedra de Caza de Arceas

O pasado sábado, 16 de decembro, desputouse o XXX Campionato Provincial de Caza de Arceas nos terreos da Sociedade de Cazadores de “Monte ou Seixo”. A proba estivo organizada pola Federación Galega de Caza en Pontevedra e contou coa colaboración de dita Sociedade de Cazadores.

A xornada cinexética foi dirixida por José Manuel Martínez Fernández  e desenrolouse con exquisita deportividade e con numerosas arceas avistadas.

Rematada a proba o campión da mesma foi Javier Calvo Simoes que participou coa setter “Nena” e obtivo unha puntuación de 1.000 puntos. 

O segundo posto, tamén con 1.000 puntos, foi para Ivan Ramos Cabana e a cadela “Sila”. O bronce acadouno o cazador Celso Boullosa Costal que co pointer “Blondy” obtivo 500 puntos. 

O equipo pontevedrés que representará á provincia no vindeiro Autonómico da especialidade quedou conformado polos tres primeiros clasificados máis Jose Manuel Blanco Cordido e Julio Pereira Martínez que remataron en cuarta e quinta posición respectivamente.

A entrega de trofeos e acto de clausura estivo presidido polo presidente da Federación Galega de Caza de Pontevedra, Paco Couselo, o Presidente da Sociedade de Cazadores anfitrioa, José Manuel Carballal, O Alcalde da Lama, David Carrera, o Concelleiro de Deportes Plácido Pillado e o Ex-Alcalde da Lama, Jorge Canda, o cal recibiu un recordo da Federación Galega de Caza de Pontevedra, pola súa colaboración durante o seu mandato (1995 ao 2023).

Este Campionato  provincial estivo patrocinado pola Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport  e pensos Canican " Xestión Melón".