CURSO FORMACIÓN
Curso sobre a cría da perdíz
24/10/2023

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Xunta de Galicia (Servizo de Gandería de Lugo) convoca para os días 10, 11 e 18 de novembro un Curso sobre a “Introdución á cría da perdíz, aspectos prácticos, repoboación e ordenación de granxas cinexéticas”.

Dito curso ten os seguintes obxetivos:

- Impulsar o desenvolvemento de pequenas explotacións cinexéticas 

 - Incrementar coñecementos e innovación neste sector

- Fomentar a recuperación de especies tradicionais

- Formar a cazadores e xestores de tecores nas prácticas axeitadas para recuperar a especie nas superficies das que son titulares.

- Restaurar, preservar e mellorar os ecosistemas relacionados coa xestión cinexética 

O curso terá lugar na Aula 1 do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia da cidade de Lugo e será dunha duración de 15 horas a desenvolver nos días 10, 11 e 18 de novembro.

Máis información, contacto e inscrición no documento adxunto:

 

Descargar documento