PROVINCIAL PONTEVEDRA CAZA MENOR |
David Carballido con “Xesta” gañador do provincial pontevedrés de caza menor |
23/10/2023 |
XXXVI Campionato Provincial de Pontevedra de Caza Menor con Can O pasado sábado 21 de outubro desputouse, nos terreos do Tecor Santa Bárbara das Neves - Arbo, o Campionato Provincial de Pontevedra de Caza Menor con Can organizado pola Federación Galega de Caza en Pontevedra en colaboración con dita Sociedade de Cazadores. O campionato trascorreu sen imprevistos e baixo unhas condicións climáticas moi favorables que, xunto coa boa organización e calidade dos terreos, propiciou un exercicio cinexético moi satisfactorio para os cazadores participantes. Foi o cazador David Carballido Blanco coa podenca “Xesta” o que obtivo o primeiro posto e o título de campión provincial ao chegar ao control con 1.250 puntos. Na segunda posición remataba o cazador Ero Martínez Vilasenin con 350 puntos e participando coa podenca “Chula”. O bronce era para Julio Pereira Martínez que participou coa setter “Silva”. Este campionato provincial contou co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e pensos Bichoucos. |