PROVINCIAL LUGO CAZA MENOR
Jaime González con “Chana” acada o provincial lucense na Terra Chá
23/10/2023

Campionato Provincial de Lugo de Caza Menor con Can

O Tecor Terra Chá acollía a fase provincial de Lugo de Caza Menor con Can no cal resultou gañador Jaime González Yáñez coa setter “Chana” sendo o cazador que entrou en control coa maior puntuación. 

Dita proba estivo organizada pola Federación Galega de Caza en Lugo e desenrolouse, o pasado sábado 21 de outubro, nos montes do Tecor Terra Chá, sociedade de caza que colaborou coa FGC de Lugo na organización de dito campionato.

A xornada foi moi entretida en canto aos numerosos lances vividos polos participantes debido a abundante caza existente en dito acoutado. Mostra delo foi a entrada en control de tódolos participantes con capturas excepto un.  

Con 1.850 puntos Jaime González Yáñez era o que obtiña a mellor puntuación e proclamábase campión provincial. En segunda posición e tamén con 1.650 puntos remataba Alfonso Cabana Blas coa cadela “Kira”. Bernardo Traseira Rois co setter inglés “Ringo I de Bosende” acadaba a terceira posición, por terceiro ano consecutivo, cunha puntuación de 1.100 puntos.

Este campionato provincial contou co patrocionio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion.