CANS DE PARADA PERDIZ EN MONTAÑA |
“Zara” de Francisco Santiago gañadora da II Proba de Cans de Parada sobre Perdiz en Montaña |
05/09/2023 |
II Proba de Cans de Parada sobre Perdiz en Montaña A Federación Galega de Caza na Coruña celebrou o sábado 2 de setembro a segunda proba de caza práctica en montaña sobre perdiz que se desputou nos Tecores societarios de Eixil de Cedeira-Cerdido e Ortegal de Ortigueira. A proba foi xulgada por José Manuel Pallas e José Ángel Seco e actuou como Directora da Proba Cristina Sanmartín. Resultou gañadora a setter inglés “Zara”, de Francisco Santiago Rodríguez, coa cualificación de 1º Exc. O segundo posto foi para o tamén setter inglés “Chester”, de Rubén Castro González, coa cualificación de MB. O bronce foi para a braco alemán “May” propiedade de Vicente Cortés Doce, cunha calificación de MB. Omellor exemplar menor de 24 meses, foi para o setter inglés de nome “Eterno da Brisa da Ría” de Eloy Rodríguez. Este Campionato contou coa colaboración da Deputación da Coruña e o patrocinio da Secretaría Xeral para o Deporte, Mutuasport e Arion. |