LICENZAS DE CAZA
Información sobre a expedición da licenza gratuita para maiores de 65 anos
28/08/2023

A Federación Galega de Caza quere informar de que namentras non se solucionen os problemas informáticos para a expedición gratuita da licenza de caza para maiores de 65 anos ás súas delegacións provinciais seguirán emitindo ditas licenzas gratuitamente achegándose a calquera das oficinas da FGC. Só se precisa aportar a licenza vencida.

A FGC seguirá traballando e facendo as xestións precisas para facilitar a práctica da caza aos cazadores galegos.